O volume Repensar el Estado. Crisis económica, conflictos territoriales e identidades políticas en España, coordinado por Josefina Gómez Mendoza, Rubén Lois e Oriol Ne-lo, compila nas súas páxinas as visións sobre a articulación territorial de España de diferentes xeógrafos universitarios de Andalucía, Cataluña, Castela, Galicia, Illas Baleares, Madrid, País Vasco e Navarra.
Esta publicación editada pola USC vén de ser presentada nun acto no que participaron o catedrático da USC e presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares Paz; o vicerreitor de Estudantes e Cultura da USC, Francisco Durán Villa; o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés; o profesor do Departamento de Ciencia Política e da Administración da USC, José Luis Barreiro Rivas, ademais dos coordinadores da obra.
Repensar el Estado achega ao lector reflexións desde unha perspectiva xeográfica sobre a cuestión territorial do Estado español, un tema que máxima actualidade con episodios como o da crise catalana e a discusión sobre o ámbito territorial no que tería que facerse a demandada consulta, a debate sobre as balanzas fiscais ou, entre outros asuntos, a equidade na prestación de servizos.