O vindeiro mércores día 21 de decembro ás 11:30 h no Salón Reitoral (Colexio de San Xerome), terá lugar a rolda de prensa-presentación do libro Jerónimo del Hoyo: Memorias del Arzobispado de Santiago. Reproducción facsimilar, coeditado polo Consorcio de Santiago e a Universidade de Santiago de Compostela.
O acto decorrerá baixo a presidencia do Sr. Alcalde de Santiago e presidente do Consorcio, D. Martiño Noriega Sánchez, e do Sr. Reitor da USC, D. Juan Manuel Viaño Rey, e contará coa presenza da Sra. Xerente da Consorcio de Santiago, Dª. Belén Hernández Lafuente; do responsable de Publicacións do Consorcio de Santiago, D. Juan Conde Roa; do director do Servizo de Publicacións da USC, D. Juan L. Blanco Valdés; do director do Arquivo Diocesano de Santiago, D. Salvador Domato Búa, e do introdutor da edición, D. Simón Vicente López.
Sería para nós unha honra contar coa túa presenza. Recibe, sen outro particular, o meu máis cordial saúdo.