Tras once anos dende a primeira certificación, o selo USC Editora, unha marca editorial propia dentro de Edicións USC, vén de renovar a súa certificación segundo a norma ISO 9001:2015 de sistemas de xestión da calidade.
Neste período, o catálogo da marca foi medrando con algúns títulos especialmente significativos pola súa proxección e impacto, mesmo internacional, como o ensaio La génesis de la lógica, do catedrático catalán doutor Honoris Causa pola USC Enric Trillas, recentemente traducido a inglés e publicado por Springer Nature.