Dous equipos da USC e da Universidade Autónoma do Estado de México coordinaron o libro La Universidad humanista en cuxas páxinas se defende a idea dunha institución educativa humanista, comprometida coa busca e difusión do coñecemento, "pero sobre todo, coa formación integral do ser humano".
A obra presentouse publicamente este mércores no Salón Reitoral de San Xerome nun acto que presidiu o vicerreitor de Internacionalización, Carlos Salgado, e no que tamén interviñeron as coordinadoras da publicación, Milagros Otero Parga e María de Lourdes Morales, ademais do pro reitor da Universidade Autónoma do Estado de México, Benjamín Bernal; da vicerreitora desta universidade, Yolanda Ballesteros; e do director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Blanco Valdés.
Como destacan as coordinadores da publicación na presentación do volume, os diversos autores que participan neste libro comparten a idea de que o humanismo é un antídoto para evitar que a Universidade perda a súa esencia. "Hai que recuperar a universidade na que se gozaba do coñecemento e do pracer de aprender, na que se ensinaban artes e se practicaba o deporte; onde a persoa era o principal e non os coñecementos que esta puidera atesourar; aquela na que se quería coñecer a verdade para poñela ao servizo do ser humano, en vez de poñer ao ser humano ao servizo dalgunha verdade que quizá non sexa...".
La Universidad humanista, como mostra do seu carácter multidisplinar, xunta a achega dun grupo heteroxéneo de docentes e profesionais dos ámbitos da Medicina, a Filosofía, a Enxeñaría, a Historia, a Socioloxía ou o Dereito, entre outros campos. Entre os autores da ducia de artigos incluídos, atópanse os textos presentados polos docentes da USC Francisco Puy, Milagros Otero Parga, José Carro Otero e Marcelino Agís.