A USC seguirá estando representada na Xunta Directiva da Unión de Editoriais Universitarias Españolas (UNE) logo da reelección do director do Servizo de Publicación da institución compostelá, Juan Blanco Valdés, como vogal da UNE para os vindeiros dous anos. A Xunta Directiva é a encargada da execución dos acordos tomados pola Asemblea Xeral, de elaborar e desenvolver proxectos, de ostentar a representación institucional e xestionar o orzamento aprobado.
A UNE é o primeiro grupo de edición académica de España, por diante de Hachette ou Planeta. As editoriais universitarias españolas publicaron o pasado ano 4.681 títulos, un 5,4% máis que en 2010. Destes, 4.093 foron novidades (87,4%) e 588 reedicións (12,6%), segundo os datos do informe Las editoriales universitarias en cifras , presentado recentemente. Este estudo confirma a Universidade española como o principal actor na difusión do coñecemento en España, situación que en opinión da Asociación podería derivar nun maior protagonismo editorial dos campus españois nos vindeiros anos.
En outros datos singulares, o informe da UNE apunta un aumento destacado das publicacións da área de Ciencias Sociais ou que do total de títulos publicados, 1.540 son dixitais ou en dobre formato papel/dixital, un 32,9% da produción total, formato no que a facturación se ten multiplicado por sete