'Arredor da mirada' é o eixo temático en torno ao que xira o número 12 da revista Quintana que o Departamento de Historia da Arte da USC presentou este martes na Facultade de Xeografía e Historia. No acto interviñeron o vicerreitor de Comunicación, Xosé Pereira; o novo director da publicación, Alfredo Vigo Trasancos, que substitúe a profesora María Luisa Sobrino; o vicedecano da Facultade, Jesús Balboa; o director do departamento de Historia da Arte, Enrique Fernández; e o director do Servizo de Publicacións da USC, Juan Luis Blanco Valdés.
Pola súa banda, a sección de Colaboracións inclúe traballos moi singulares como os de Gladys Noemí Arana López, Xosé Antón Castro Fernández, Juan David Díaz López, Francisco Juan García Gómez, Jorge Martínez Montero, Iván Rega Castro, Jesús Ángel Sánchez García, Bárbara Santos Mato e Carlos Tejo Veloso, que estudan aspectos relacionados coa arquitectura mexicana e nacional nas súas tipoloxías, tradicións, usos e diferentes cerimonias representativas do ámbito cortesán; os conxuntos históricos galegos; o labirinto de Pontevedra ideado por Robert Morris; o cine a través de Enrico María Salerno ou Jacques Demy; ou a XVIII Bienal de Sidney.
En Escritos sobre... Ángel Luís Hueso Montón rescata un texto pouco coñecido do cineasta galego exiliado en México Carlos Velo titulado ‘Ritmo e Cinema’. Feitos e tendencias, outro apartado habitual da revista, recolle traballos de Roque Lazcano e José Luís Vila Leirós.
Unha das máis valoradas