Celebrado en Santiago de Compostela en xuño de 2013, o encontro tiña como propósito fundamental realizar un achegamento aos temas de xénero dende unha abordaxe multidisplinar, habilitando ademais un punto de encontro e intercambio de ideas do persoal docente e investigador do sistema universitario galego interesado por esta perspectiva.
Nun momento de crise económica, financeira, social e cultural, esta primeira edición das xornadas centráronse nas repercusións que a crise ten sobre os roles de xénero dende diversas ópticas interrelacionadas: políticas públicas de igualdade, bloque temático que coordina a Oficina de Igualdade de Xénero da USC; mulleres e mercado laboral, baixo a coordinación da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC; e corresponsabilidade e conciliación, tema que moderou a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo.