"Crear require, ademais de inducir, o entusiasmo persoal por crear algo novo, relevante e rompedor, asà como asombrarse previamente polas novas preguntas e as posibles respostas ás mesmas". Estas é unha das ideas coas que Enric Trillas conclúe o seu libro El desafÃo de la creatividad , obras que o autor presentou este mércores na ReitorÃa da USC e que lle serviu para afirmar que "o futuro demandaranos creatividade".
O libro preséntase como "unha viaxe intelectual arredor do mundo da creatividade dende unha visión da mesma pegada ao razoamento non dedutivo ordinario, concretamente á obtención das conxecturas chamadas "especulacións"". Como o mesmo autor adianta no proemio da obra, esta "defende unha visión naturalÃstica do fenómeno da creatividade, soportada na linguaxe, dentro do razoamento ordinario e como parte importante da racionalidade".
Como se puxo de manifesto no acto, "este ensaio quere servir de guÃa e estÃmulo" para propor unha "reflexión sobre o desafÃo que, maiormente de tipo computacional, a creatividade formula á ciencia". En opinión do autor, o concepto de creatividade propón un "desafÃo que require a transformación dos actuais estudos sobre o razoamento ordinario ou de sentido común nunha ciencia empÃrica, á vez teórica e experimental: unha fÃsica da linguaxe e o razoamento, como a fÃsica é a ciencia da materia, a enerxÃa e o movemento".
A obra presentouse nun encontro cos medios de comunicación que presidiu a vicerreitora de Comunicación, Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, e no que tamén interviñeron ademais do autor o prologuista do volume, o ex reitor Senén Barro, e o director do Servizo de Publicación, Juan Blanco Valdés.
Enric Trillas
Enric Trillas foi catedrático das universidades politécnicas de Catalunya e de Madrid, investigador emérito do European Centre for Soft Computing e actualmente profesor emérito da Universidade de Oviedo. Ademais é doutora honoris causa pola USC e pola Pública de Navarra, ademais de profesor visitante distinguido da Universidade Nacional de Córdoba (Arxentina) e membro da Accademia Nazionale delle Scienze, Lettere e Arti de Palermo. � autor de catrocentos artigos en revistas, actas de congresos e obras colectivas e dunha ducia de libros e está considerado o introdutor da lóxica borrosa en España.
Ditou conferencias e impartiu cursos en universidades e centros de investigación españois e estranxeiros como Berkeley (Californi), Meiji e Tokio Institute fo Technology (Xapón), Dortmund (Alemaña), Nápoles e Palermo (Italia) ou Córdoba e Bos Aires (Arxentina).