O catedrático de Historia Medieval da USC Fernando López Alsina é o autor do libro La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media cuxa segunda edición corrixida se presenta publicamente este martes 28 ás 19.00 horas no Museo das Peregrinacións e de Santiago (Prazas das Praterías). O volume está co editado pola USC e o Consorcio de Santiago.
Na presentación interveñen ademais do reitor Juan Casares e do presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, o propio autor do volume, acompañados da xerenta do Consorcio, María Antón Vilasánchez; do director do Servizo de Publicación universitario, Juan Blanco; e o responsable de Publicacións do Consorcio, Juan Conde Roa.
Publicada por primeira vez en 1988, La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media está considerada como a máis completa, exhaustiva e documentada monografía sobre a historia da cidade entre os séculos IX e XI, momento da súa orixe e primeiro desenvolvemento. Cando se cumpren 25 anos da edición original, o Consorcio de Santiago e a USC recuperan o traballo do profesor Fernando López Alsina nunha nova edición revisada e corrixida. Para o desenvolvemento desta proposta editorial, o investigador avaliou vinte mil documentos que comprenden o período que vai do ano 800 ao 1500.