A revista Verba. Anuario Galego de FiloloxÃa acaba de acadar o Selo de Calidade FECYT, máximo galardón que pode recibir en España unha revista cientÃfica, na IV convocatoria de avaliación da calidade editorial e cientÃfica das revistas cientÃficas españolas desenvolvida durante 2014.
O proceso de avaliación ten lugar no contexto das accións de apoio á profesionalización das revistas cientÃficas españolas (ARCE), que ten como obxectivo principal potenciar as revistas cientÃficas de excelencia e axudar a aquelas que están no camiño de lograr un maior impacto internacional.
Para os co directores da revista, os profesores da Facultade de FiloloxÃa, MarÃa Xosé RodrÃguez Espiñeira e Ramón Mariño Paz, o selo é un "nomeado recoñecemento do labor e implicación de todas as persoas e sensibilidades que fixeron posible unha revista que este ano cumpre 40 da súa existencia, pois foi fundada en 1974 polo catedrático de FiloloxÃa Románica Constantino GarcÃa". Ademais, supón un "grande estÃmulo para o prestixio dunha publicación filolóxica de referencia, que presenta taxas de citas e impacto moi importantes ".
Pola súa banda, o director de Publicacións da USC, Juan L. Blanco Valdés, inscribe a concesión do selo nunha "dinámica continuada de apoio técnico e editorial ás revistas da USC, dende 2012 editadas na súa totalidade no portal dixital Rev{USC}, de cara a acadaren os maiores niveis de visibilización internacional". A listaxe provisional de revistas con selo de calidade FECYT 2014 pode consultarse aquÃ.